Turismo Activo

DEPORTES

O Concello de Arzúa dispón dunha variada oferta de instalacións deportivas que permiten a práctica de actividades saudables, tanto en interiores como ao aire libre. Un complemento ideal para a estancia de toda a familia.

Complexo Polideportivo do Viso
Campo de fútbol 11 (acondicionado tamén para dous campos de fútbol 7)
Pistas de atletismo
2 pistas de tenis descubertas
Pista polideportiva descuberta Pavillón polideportivo
Piscina climatizada (con dous ximnasios, dúas saunas, sala de aeróbic…)
Piscina descuberta
2 pistas de pádel
Pista de voleibol
Área de xogos tradicionais

Pistas Polideportivas descubertas
O Couto
Viladavil
A Mella
Villantime
Viñós
Hortas de Dombodán
Área Recreativa de Ribadiso

Área de xogos tradicionais de Sta. María
Pavillón Polideportivo do Cruceiro
Campo de fútbol Castañeda

EN BICICLETA

Con máis de 100 km de vías verdes, Arzúa é un destino ideal para gozar dunha viaxe en familia a ritmo de pedaleo. Hai moitas opcións para explorar cos cativos. Descubre os itinerarios máis fermosos para a túa viaxe en familia.

Arzúa-Rendal-Golán-Orois e Maceda
Distancia: 33.7 Km
Dificultade: Moderada

Sae desde o lugar de Quenlla cara ao val do Viso, subindo cara á parroquia de Rendal e continuando polos montes da Uceira e Orois, rodeando O Couto do Camiño na parroquia de Maceda, para logo dirixirse a Pena Longa e volver á Parroquia de Rendal polo lugar de Fucarelos. Desde aquí conectaremos cun dos tramos máis fermosos que pasan polo Camiño de Santiago atravesando a Ponte Romana de Ribadiso.

Sendeirismo

Información e guía de roteiros de sendeirismo clasificadas por lonxitude e dificultade.

Arzúa esconde moitos lugares máxicos que descubrir. Se es senderista, experimentado ou neófito, descubre as nosas propostas de roteiros. Para que cada un atope o que busca, seleccionamos un circuíto fácil/medio para os principiantes e outro un pouco máis difícil para os máis preparados.

Ruta da Fervenza das Hortas
Distancia: 19.8 Km
Duración: 4 h
Dificultade: Media

Ten o seu inicio xunto ao río Iso na Fonte Santa, os seus fitos máis destacados son O Torrente de Maroxo, que remata no couto do mesmo nome e que ofrece unha panorámica única da vila de Arzúa. Tamén destaca o encoro de Portodemouros, construído en 1968 na conca do río Ulla, no límite das provincias da Coruña e Pontevedra. A continuación chegaremos ao Enredo do Abelleiro, un interesante museo temático sobre o mel e a apicultura. O roteiro finaliza na Fervenza das Hortas, un dos límites naturais entre os concellos de Arzúa e Touro.