Mercado

O MERCADO

Todos os 8 e 22 de cada mes, dende as 8:00 ata as 14:00 horas, celébrase en Arzúa un mercado, a feira quincenal. Trátase dunha cita que recolle o mellor dos produtos agroalimentarios (verduras, queixos e lácteos, carne…), do sector floral e do téxtil entre outros. Tampouco pode faltar o polbo para rematar a xornada como é tradición.

ONDE ESTAMOS

Edificio Multiusos “Terra do Queixo”
Tr.ª da Feira A, 15810 Arzúa, A Coruña

PLANO DO MERCADO

SERVIZOS

O edificio multiusos Terra do Queixo ofrece múltiples espazos onde se realiza o mercado os días 8 e 22 de cada mes, ademais doutras actividades.

ESPAZO CENTRAL:

 

  • Feiras mensuais os días 8 e 22
  • Feira Ecolóxica
  • Xuntanza dos nosos maiores
  • Cabalgata de Reis
  • Desfile de Entroido
  • Feira Arzúa Vende
  • Diversas actuacións e actividades culturais e deportivas

AULA 1:

A aula serve como local para cursos e obradoiros de diversas asociacións.

AULA 3:

A aula acolle as sesións de ximnasia organizadas pola Concellería de Deportes do Concello e as sesións do Obradoiro Municipal de Danza do Departamento de Cultura. Tamén serve como local para cursos e obradoiros de diversas asociacións, así como para actividades culturais organizadas polo Concello de Arzúa.

No verán o CIM organiza nesta aula a ludoteca do programa Concilia con Xogarzúa.

AULA 4:

A aula acolle as sesións de ioga organizadas pola Concellería de Deportes do Concello e serve como local para cursos e obradoiros de diversas asociacións.

COCIÑA:

Ao longo do ano, acolle diversos cursos de cociña organizados polo Concello de Arzúa e por diversas asociacións culturais.

Pódese solicitar o uso destes espazos contactando previamente co Departamento de Cultura do Concello de Arzúa, sempre e cando a solicitude a realice unha entidade sen ánimo de lucro.

NOVAS

En construcción.