Benestar

LOS FOGONES DEL CAMINO

A calidade e riqueza da gastronomía de Arzúa, como crisol das culturas que se funden no Camiño, convértena nun dos concellos galegos máis famosos pola súa gastronomía. Aínda que é coñecida fundamentalmente polos seus queixos, sobre todo polo de Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa, ten unha oferta moito máis ampla grazas á calidade das súas carnes, a súa repostería innovadora, o mel ou a variedade da súa horta.

COMPRAS

Información e guía de produtos de artesanía, denominación de orixe, mercado de proximidade, etc.

Ruta dos queixos

O queixo de Arzúa é, sen dúbida, o noso maior referente dentro e fóra das nosas fronteiras. A denominación de orixe Arzúa-Ulloa é unha marca de calidade moi valorada entre os consumidores e tamén entre os profesionais do sector, alcanzando moitas distincións e premios nacionais e internacionais. As queixerías de Arzúa teñen ao dispor dos visitantes percorridos guiados polas súas instalacións, onde poderemos ver de primeira man o proceso de elaboración do noso queixo.