ARZÚA, CADA DESEXO TEN O SEU DESTINO

Turismo Activo

Descubre Arzúa

Benestar

Os nosos valores

Prepara a túa estadía

Descubre Arzúa

Arzúa ofrécelle ao visitante a posibilidade de coñecer a pegada que a cultura romana e, en especial, a cultura xacobea, deixaron no seu territorio. Polo terreo arzuán repártense multitude de capelas e igrexas nas que aínda se conserva parte da súa antiga fábrica románica e os retablos que ornamentan os seus altares proceden, polo menos, do século XVIII.